Sophos: Medición da producción científica Consellería de Sanidade/Sergas

A Biblioteca Virtual do Sistema Público de Salud de Galicia (Bibliosaúde), en colaboración coa Área de Promoción e Planificación da Investigación Sanitaria da Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), ven de desenvolver unha ferramenta electrónica denominada Sophos, que permite medir a actividade científica de toda a Consellería de Sanidade e o Sergas..

Esta ferramenta supón unha mellora na xestión da información científica, xa que permite:

  • Crear un mapa do coñecemento de toda a institución.
  • Compartir o seu capital intelectual.
  • Identificar expertos en áreas específicas.


¿Qué nos permitirá coñecer Sophos ?

Esta ferramenta facilítanos informes personalizados tanto a nivel de área sanitaria, hospital, servizo ou incluso autores concretos.

Inclue só aqueles artígos publicados e firmados polo menos por un autor vinculado a un centro de traballo da Consellería/Sergas.

Dentro de cada un dos niveis, a información que se ofrecerá será a seguinte:

  • Número de artigos publicados
  • Factor de Impacto y cuartís do Journal Citation Reports
  • Tipoloxía de artigos
  • Principais revistas nas que se publica
  • Número de firmantes por artigo
  • colaboracións tanto internas (dentro da red Consellería/SERGAS), como colaboracións externas (con otras Comunidades autónomas e/ou países).

Bibliosaúde

A Biblioteca Virtual do Sistema Público de Saúde de Galicia está constituída pola rede de bibliotecas dos centros sanitarios e servizos centrais que traballan no desenvolvemento dunha biblioteca dixital para os profesionais e usuarios dos servizos públicos de saúde.


Mais información sobre Bibliosaúde